miércoles, 15 de marzo de 2017

FORMACIÓN ALUMNADO AXUDANTE. CURSO 2016-17

      No presente curso, no  IES Parga Pondal, desde o Departamento de Mediación, impartiuse, un ano mais, un curso para formar  alumnado Axudante, unha figura moi importante para a convivencia do centro.
      O papel do alumnado Axudante é o dun observador da vida escolar. Permite a anticipación, e polo tanto, axuda a previr e a evitar situacións de conflicto que poidan xurdir nas aulas.
      Mantéñense reunións períodicas entre o profesorado do departamento de Mediación e o alumnado axudante para trasladar propostas ou posibles problemáticas.
      Neste curso participaron  alumnos e alumnas seleccionados polos seus compañeiros e compañeiras, despois dun bo traballo na aula por parte dos titores e titoras do noso centro.





      Estas son algunas fotos desta actividade formativa.

miércoles, 23 de noviembre de 2016

 

ENCONTRO ALUMNADO E PROFESORADO DE MEDIACIÓN  DO IES PARGA PONDAL


O mércores 2 de novembro mantivemos unha xuntanza todo o alumnado e o profesorado que conformamos o equipo de Mediación do noso centro.
En total 75 alumnos e alumnas, entre mediadores (alumnado que media entre iguais ante conflictos) e axudantes (alumnado onservador do clima da aula que actúa na prevención de posibles situacións de conflictos). 
Foi un encontro para que coñeceran a nova ubicación no centro do departamento de Mediación e para facer unha posta en común dos obxectivos do curso 2016/17.
Entre todos e todas lembrouse a formación que tiñan e  que son as persoas que simbolizan o diálogo, o saber estar, ao teren aprendido e desenvolvido habilidades ante situacións de conflicto. Recursos, non só válidos para a súa vida no centro senón tamén moi importantes para a súa formación como persoas.

martes, 11 de octubre de 2016


Inicio de Curso 2016/17

Os xornais de todo o estado deron a coñecer unha terrible nova sobre unha nena de 8 anos que acabara no hospital por unha paliza recibida no seu centro durante o recreo. Novas como esta preocupan moito e mostran como aínda queda moito por facer en proxectos de Mediación. Mais, hoxe no xornal La Voz de Galicia, aparecía unha nova moi positiva que visibiliza o traballo que estamos a desenvolver en moitos centros de ensino na formación de alumnado mediador. No Parga Pondal xa levamos varios anos e xa contamos con arredor duns 50 alumnos/as mediadores. Este é o artigo:

Casi 500 escolares hacen de mediadores para evitar agresiones como la de Palma

El programa implantado en 30 centros ataja pequeños conflictos para que no crezcan

 
SANTIAGO / LA VOZ 11/10/2016 17:34
Diálogo, consenso, justicia. Son los tres pilares sobre los que trabajan casi 500 escolares gallegos, que se han convertido en ese tercer punto de vista neutral tan necesario cuando los ánimos se caldean. Son adolescentes comprometidos, con capacidad para escuchar y a la vez elocuentes y que han sido formados para mediar en los pequeños conflictos entre compañeros, que pueden enquistarse hasta tal punto que se producen agresiones. La última, la brutal paliza a una alumna de Palma en el recreo.«Son esas pequenas cousas ás que ás veces os adultos non lles damos a importancia que deberiamos e poden ir a máis». Lo explica Adelino Pose, director del IES Xulián Magariños de Negreira, cuya primera promoción de mediadores fue formada hace un lustro y que en la actualidad cuenta con 24.
Pose también se enorgullece de que un programa que comenzó en un centro se haya extendido por toda la comunidad, hasta el punto de que hoy son casi 30 centros los que participan en esta iniciativa, con una media de 15 alumnos mediadores en cada uno. Según los cálculos de Adelino Pose, alrededor de 450 jóvenes forman parte de un programa que no es exclusivo de Galicia ni tampoco de la educación: la Justicia también está apostando por la mediación como vía de resolución de conflictos.
¿Cómo funciona? «Cando hai un conflito, quen pide voluntariamente que interveña un mediador son os que están no conflito, ninguén lles impón o servizo, aínda que si o podemos recomendar», explica Adelino Pose, que también ejerce de portavoz de la Rede Galega de Centros pola Convivencia Positiva, recientemente premiada por su labor. «Cando hai un conflito e chegan á xefatura, somos nós os que lles propoñemos que ese problema pode ser resolto por mediación» y son ellos los que toman la decisión. El programa funciona tan bien que «ás veces son eles mesmos os que van á coordinadora e piden a intervención». Se pone en marcha el servicio: se escoge a dos personas con el perfil adecuado para que actúen. «Falan coas dúas partes por separado e despois reúnenas». Tras el diálogo, se propone una solución. Si los estudiantes enfrentados la aceptan, firman un compromiso de cumplimiento y se les hace un seguimiento. Si no se cumple lo acordado, interviene la jefatura de estudios. «Cando asinan algo diante dos seus compañeiros cumpren máis que cando llo dicimos os adultos». Si el conflicto se recrudece, si se trata de una agresión o de un caso de acoso, hay otros protocolos que se ponen en marcha.
No es el único programa para prevenir conflictos que hay en marcha en Galicia. El IES de Fisterra comenzó hace tres años con el programa de cibermentores, que son estudiantes que brujulean en las redes para alertar de posibles situaciones de acoso. «Normalmente son eles os que avisan ou ao mellor os avisa un compañeiro». Se basa en la misma relación de confianza que el programa de mediadores: si un adolescente tiene un problema, lo más probable es que se lo cuente antes a alguien de su edad que a un adulto. Y también hacen recomendaciones a sus compañeros.
   

viernes, 12 de febrero de 2016


CURSO "ALUMNADO AXUDANTE" 

no IES PARGA PONDAL


Desde o departamento de Mediación continuamos coas actividades de formación. O xoves 11 de febreiro, despois das vacacións de Antroido, iniciamos o curso de "Alumnado Axudante" no cal están inscritos 11 alumn@s (9 de 1º de ESO e 2 de 2º de ESO). O alumnado participante neste curso foi elexido polos seus propios compañeir@s por contribuir e colaborar na dinámica positiva do seu curso.

lunes, 1 de febrero de 2016





NOVO ALUMNADO MEDIADOR
IES PARGA PONDAL
CURSO 2015/16


Alumnado de 1º e 2º de ESO que participou no curso de formación de mediadores/as coa monitora do curso e Nanci Barro, responsable do Departamento de Mediación.

jueves, 7 de enero de 2016

Curso 2015-16
Gran éxito de participación en "ALUMNADO MEDIADOR"

O inicio das actividades   para este curso 2015-16 está sendo moi satisfactorio para o profesorado  do departamento de Mediación do IES Parga Pondal,  pola alta participación de alumnado no curso de formación de mediadores. Un total de 32 alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO,  estiveron formándose como mediadores en varias sesións,  ata o 18 de decembro.



                                           Fotografías do curso 



 

jueves, 1 de octubre de 2015

MEDIACIÓN IES PARGA PONDAL
CURSO 2014/15

IMAXES


Charla Riscos en Internet:



 Curso de Mediadores:




Xornada de convivencia en Balarés ao remate do curso: