miércoles, 23 de noviembre de 2016

 

ENCONTRO ALUMNADO E PROFESORADO DE MEDIACIÓN  DO IES PARGA PONDAL


O mércores 2 de novembro mantivemos unha xuntanza todo o alumnado e o profesorado que conformamos o equipo de Mediación do noso centro.
En total 75 alumnos e alumnas, entre mediadores (alumnado que media entre iguais ante conflictos) e axudantes (alumnado onservador do clima da aula que actúa na prevención de posibles situacións de conflictos). 
Foi un encontro para que coñeceran a nova ubicación no centro do departamento de Mediación e para facer unha posta en común dos obxectivos do curso 2016/17.
Entre todos e todas lembrouse a formación que tiñan e  que son as persoas que simbolizan o diálogo, o saber estar, ao teren aprendido e desenvolvido habilidades ante situacións de conflicto. Recursos, non só válidos para a súa vida no centro senón tamén moi importantes para a súa formación como persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario